“Papando no Boi", recompensa para a primeira persoa de Allariz que consuma as 20 tapas do concurso

A iniciativa enmárcase nas XI Xornadas de Carne de Boi de Allariz que comezan este venres, 30 de setembro. O premio ten unha dotación económica de 100 euros para gastar no comercio local.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 30/09/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Allariz acollerá do 30 de setembro ao 12 de outubro unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz que este ano cumprirán o seu 11º ano de celebración con 23 establecementos locais participantes.

Representantes da hostalería local, Cristina Cid e María Cid (alcaldesa e concelleira de promoción económica. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Representantes da hostalería local, Cristina Cid e María Cid (alcaldesa e concelleira de promoción económica. Foto: Prensa Concello de Allariz.

A hostalería alaricana ofertará tapas e menús nas que o ingrediente principal será a exquisita carne de boi de Allariz. 20 tapas competirán por ser a elixida entre os e as comensais como a Mellor Tapa desta edición. Poderanse atopar tapas xa tradicionais como os callos de Boi ou a empanadilla de Carne de Boi, e outras novas que "a ben seguro farán as delicias das persoas que se acheguen durante estas dúas semanas que ten de duración o evento", comentan dende a organización. O prezo da tapa será de 2€ e na modalidade de menús haberá para todos os petos.

'PAPANDO NO BOI'

Dado o éxito desta iniciativa, mantense este ano o premio local para premiar a gran participación e fidelidade de todas as veciñas e veciños que ano tras ano participan nestas xornadas. “Papando no Boi” será a recompensa que recibirá a primeira persoa, con tarxeta cidadá, que consuma as 20 tapas que participan no concurso de 2022, cun premio directo de 100 € para gastar no comercio local. Ademais haberá un premio dunha fin de semana en Allariz e unha cea entre as cartillas que acrediten ter consumido todas as tapas participantes, e 3 vales de 75 € para aqueles cartóns que proben ter degustasdo 5 tapas.

O sorteo realizarse o sábado 22 de outubro no Mercado da Reserva da Biosfera ás 12:00h, no que se darán a coñecer os gañadores ou gañadoras dos premios así como a tapa máis votada nesta edición. Para máis información pódese consultar a páxina allariz.gal/carnedeboi/ na que se atopan as bases do concurso de tapas.

DEGUSTACIÓNS NO MERCADO DA RESERVA DA BIOSFERA

O sábado 1 de outubro haberá degustación de empanada de carne de boi feita polos veciños do Mato no seu forno comunal acompañados da música do grupo tradicional Cidade de Antioquia. E para o sábado seguinte, 8 de outubro, degustación da tapa gañadora da edición anterior a cargo do restaurante Erva vila de Allariz. As actividades do mercado serán de 12 a 13.30 h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta