Galiñas azuis e Consorcio galego retoman a folga o día 5 tras negarse a Xunta a reunirse cas traballadoras

Dende o sindicato propoñen un calendario de accións e medias de presión que pode ser ampliado segundo a propia vontade das traballadoras

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Tras varios intentos de reunirse coas autoridades competentes a Sección Sindical da CNT no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anuncia un endurecemento da presión na folga, que comeza de novo este próximo luns, día 5. Dende o sindicato propoñen un calendario de accións e medias de presión que pode ser ampliado segundo a propia vontade das traballadoras

Escola infantil da Galiña Azul en Baiona
Escola infantil da Galiña Azul en Baiona | Fonte: valminor.tv

Dende o Consorcio denuncian un ERE de mulleres nun servizo “claramente” feminizado. No Consorcio traballan aproximadamente 1500 persoas, das que o 90% son mulleres, motivo polo que, pensan, están tendo un trato desfavorecedor á hora de convocar os procesos selectivos.

As traballadoras, que entraron en moitos casos fai 15 anos, alertan do desmantelamento encuberto do servizo. "O desmantelamento dos equipos de traballo afectará gravemente a servizos moi sensibles, por tratar directamente con grupos de poboación vulnerables, como o son a infancia e a terceira idade. A perda de capital humano é algo insubstituíble".

A folga que comezara o día 5 de outubro, abrangue 15 días mensuais ata decembro; do 3 ao 14 de outubro,do 2 ao 11 de novembro e do 12 ao 23 de decembro. As traballadoras lembran que están abertas á negociación para igualar o Consorcio a outros entes instrumentais nos que dende as xerencias solicitaron a Función Pública a convocatoria dun proceso selectivo propio

As reclamacións do persoal son a garantía dunha convocatoria única e específica, a garantía de oposiciónnon eliminatoria, que se contabilice formación impartida polo propio Consorcio, a retirada do concurso detraslados, unha baremación xusta na - que a experiencia contabilice o 90% e que se contabilice aantigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración.

Así mesmo, máis dunha vintena de concellos galegos aprobaron mocións nas que instaron á Xunta a que negocie "de boa fe" co comité de folga.

Segundo indicou a CNT nun comunicado, os concellos solicitaron que nos criterios de baremación dos procesos de estabilización puntúese de forma prioritaria a experiencia no posto específico e que os acordos se trasladen ao presidente da Xunta para resolver de "forma inmediata" un problema que "afecta directamente os veciños".

Así, explicou que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar pertence á Xunta nun 51 % e aos Concellos no restante 49 %, polo que "a última palabra pertence a San Caetano". Con todo, dende os concellos "queren facer público o seu apoio incondicional" ás traballadoras que "na maioría dos casos" xa teñen vínculos coas persoas que atenden. "Apuntan que desfacer os equipos é camiñar para atrás", remarcou a CNT.

Os Concellos que aprobaron as mocións son: Santiago, Ourense, Ferrol, Carballo, Mondoñedo, Tui, Ribadeo, Ribadavia, Oleiros, Taboada, A Fonsagrada, A Pontenova, O Valadouro, Pantón, Abadín, Forcarei, Barro, Cambre, Arzúa, Sada, Bergondo e Culleredo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta