A mesa sectorial de Educación debaterá o 3 a convocatoria do concurso de méritos excepcional de estabilización

Supón "o último paso" dun "longo proceso" que arrincou en decembro de 2021, segundo a CIG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A mesa sectorial de Educación debaterá o texto da convocatoria do concurso de méritos excepcional de estabilización, segundo trasladou a CIG nun comunicado no que incide en que a reunión do próximo día 3 supón "o último paso" dun "longo proceso" que arrincou en decembro de 2021.

Segundo incide, a Consellería fixo público o último documento pendente para poder convocar o concurso de méritos excepcional derivado desta norma, e a convocatoria divídese en dúas, ao ter que esperar pola publicación no Boletín Oficial do Estado do real decreto de integración do corpo de profesores técnicos de formación profesional (PTFP) no de profesores de ensino secundario, do que derivan cambios en varias especialidades ligadas á FP.

Nas negociacións, CIG-Ensino advertiu que o "único aspecto positivo" foi "o determinante incremento de prazas", ata alcanzar as 1.156. O principal desacordo de CIG céntrase na propia regulación do proceso, polo que avanza que na mesa do día 3 de outubro, formulará unha serie de propostas de mellora do texto da convocatoria, dentro da "reducida marxe" que deixa --sostén-- o real decreto estatal.

Lidia Preito, presidenta da ANPA do CEIP Vilar de Barrio, no que denuncian a falta de profesores
Lidia Preito, presidenta da ANPA do CEIP Vilar de Barrio, no que denuncian a falta de profesores | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta