A USC é a sexta dentro das universidades españolas xestoras do Erasmus con África e Medio Oriente

"O orzamento conseguido é un recoñecemento ao labor que a USC realiza desde 2016 na xestión deste programa, a través da Oficina de Mobilidade", destacou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupa a sexta posición no orzamento concedido para o programa 'Erasmus+KA171', para o período 2022-2025, entre 67 institucións de educación superior en toda España e a primeira a nivel galego.

Segundo informou a USC, á lista de países participantes como Senegal, Cabo Verde, Xordania, Líbano, Palestina ou Siria, sumaranse novos estados do África subsahariana como Santo Tomei e Príncipe.

Desta forma, a institución educativa contará no próximo trienio con case un millón de euros. "O orzamento conseguido é un recoñecemento ao labor que a USC realiza desde 2016 na xestión deste programa, a través da Oficina de Mobilidade", destacou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso.

López Couso sinalou que "tradicionalmente a mobilidade asóciase ao programa Erasmus, pero nos últimos anos o elenco de países incrementouse notablemente, así como o espectro de participantes", por iso "é totalmente necesario romper a identificación de mobilidade con Erasmus".

A USC, desde que se iniciou esta actividade, traballou en cooperación internacional con máis de 100 universidades de ata 36 países e con esta nova dotación orzamentaria participarán no programa 130 estudantes saíntes e entrantes de grao, máster ou doutoramento.

Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela
Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta