Sorprenden un cazador furtivo de aves silvestres en Sanxenxo

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/10/2022 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Garda Civil identificou un cazador furtivo que foi sorprendido en Sanxenxo mentres pretendía capturar cunha rede xílgaros, unha especie protexida de aves silvestres.

Os feitos ocorreron nunha leira situada nas proximidades da localidade de Portonovo, onde o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) tiña establecido un punto de vixilancia tras ter noticia de que unha persoa se estaba dedicando á caza furtiva de aves silvestres.

As pescudas concluíron coa identificación dun veciño de Marín, que foi sorprendido cando manipulaba unha rede das denominadas 'de libro', ancorada ao terreo e provista dun cordel estirado polo chan que utilizaba para o abatemento e a captura das aves. Preto tiña dúas gaiolas con xílgaros que facían a función de reclamo.

Ademais da súa identificación, o Seprona incautouse da rede e das gaiolas que estaba a utilizar e procedeu á posta en liberdade dos dous exemplares de xílgaros no seu hábitat natural.

Jilgueros utilizados como reclamo polo furtivo identificado en Portonovo (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Jilgueros utilizados como reclamo polo furtivo identificado en Portonovo (Pontevedra).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta