Unaminidade para que a Xunta sufraxe os gastos das persoas con enfermidades raras cando se traten noutras CCAA

Os grupos queren que a Administración autonómica regule este dereito á asistencia sanitaria e, así mesmo, reclaman que se actualicen os criterios e importes recolleitos na orde de marzo de 2001

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Todos os grupos do Parlamento de Galicia apoiaron a petición á Xunta de que se faga cargo dos gastos de aloxamento e dietas das persoas que padecen enfermidades raras cando son derivadas a outras comunidades autónomas para recibir tratamentos ou ser diagnosticados.

A proposición non de lei, presentada polo Bloque Nacionalista Galego, foi debatida e votada este mércores na sesión plenaria celebrada pola Cámara autonómica. O texto, que saíu adiante por unanimidade, insta á Xunta a articular unha prestación que cubra os gastos que supoñen a pacientes de enfermidades raras o seu desprazamento a outros lugares do Estado cando son derivados.

Os grupos queren que a Administración autonómica regule este dereito á asistencia sanitaria e, así mesmo, reclaman que se actualicen os criterios e importes recolleitos na orde de marzo de 2001 que regula as prestacións por desprazamento.

Cayetana e Celia padecen heteroplasia ósea progresiva, unha enfermidade rara. Son as protagonistas do documental Idéntica
Cayetana e Celia padecen heteroplasia ósea progresiva, unha enfermidade rara. Son as protagonistas do documental Idéntica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta