O Sergas defende os contratos "a dedo" polas "características do mercado"

O PSdeG denuncia que oito de cada contratos "son a dedo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, xustificou as adquisicións que fai o Sergas  polos contratos sen publicidade (con adxudicacións directas) polas características do mercado, pero dixo que se tomou nota das recomendacións que fai o Consello de Contas respecto diso --na súa análise do período 2012-2017--.

Por este documento preguntou durante a sesión plenaria deste mércores no Parlamento de Galicia o deputado socialista Xulio Torrado cunha interpelación ao titular da carteira autonómica na que denunciou que "oito de cada dez contratos son a dedo". Ademais, advertiu de que o informe recolle que o 60 por cento dos contratos do Sergas "teñen prórrogas sen xustificar" e puxo o foco en que os contratos sinalados por Contas representan "o 40% do gasto total da Xunta".

En resposta, a responsable da área sanitaria defendeu que o Sergas "cumpre a normativa aplicable", pero que as características da súa actividade, especialmente no referente á adquisición de produtos farmacéuticos, fai necesario recorrer a este tipo de contratación sen publicidade.

Con todo, Comesaña incidiu en que o informe do Consello de Contas fiscaliza o período entre 2012 e 2017, pero co prisma da lei de contratos no sector público, que empezou a aplicarse a finais do último ano analizado.

Xulio García Comesaña comparece no pleno
Xulio García Comesaña comparece no pleno | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta