Os Trens Turísticos de Renfe programan viaxes especiais de tres días de duración entre Santiago e Oviedo

Os prezos varías dos 1.000 aos 2.500 euros dependendo da viaxe e do tren escollido

Por Europa Press / Redacción | OVIEDO | 06/10/2022 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Os Trens Turísticos de Renfe Costa Verde Express e Transcantábrico Gran Luxo realizarán en outubro e novembro senllas saídas de carácter extraordinario, tanto polo seu deseño de tres días de duración como pola exclusividade da oferta, creada excepcionalmente para esta ocasión co fin de celebrar o peche da tempada 2022, tras dous anos de parón debido á pandemia.

As viaxes especiais de fin de tempada dos dous trens de Costa Verde realizan o traxecto entre Santiago de Compostela e Oviedo mantendo as mesmas prestacións, condicións e nivel de calidade que as viaxes turísticas regulares, aínda que o seu prezo é tamén especial, polo que constitúen unha oportunidade moi atractiva.

A viaxe realizarase durante os días 15, 16 e 17 de outubro entre Santiago de Compostela e Oviedo. O itinerario parte do Parador dos Reis Católicos en Santiago de Compostela e pasa por Viveiro, Ribadeo, Praia das Catedrais, Luarca e Oviedo. Os prezos por persoa en Suite Dobre son de 1.000 euros por pasaxeiro e en Suite Individual 1.600 euros por pasaxeiro.

A viaxe do Transcantábrico realízase durante os días 5, 6 e 7 de novembro entre Santiago de Compostela e Oviedo, co mesmo itinerario: parte do Parador dos Reis Católicos en Santiago de Compostela e pasa por Viveiro, Ribadeo, Praia das Catedrais, Luarca e Oviedo.

Os prezos por persoa en Suite Dobre son de 1.500 euros por pasaxeiro e en Suite Individual 2.500 euros por pasaxeiro (suplemento Triplo 500 euros por pasaxeiro). Os billetes poden adquirirse en www.renfe.com, Axencias de Viaxes presenciais e venda telefónica no número 912 555 912. Contacto: trenesturisticosdelujo@renfe.es.

Arquivo - O Transcantábrico Gran Luxo. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - O Transcantábrico Gran Luxo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta