Críticas ao anuncio do aumento en gasto militar en plena crise

O Encontro Galego contra a OTAN denuncia que este gasto é imposto pola OTAN para "someter os pobos do mundo".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/10/2022 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O Encontro Galego contra a OTAN critica o anuncio feito polo Goberno central para aumentar o 25% do orzamento para o gasto militar tras recoñecer a ministra de Hacienda, María Jesús Montero, de que se destinarán 4900 millóns de euros a "programas especiales de modernización" do armamento que poden ir a grandes empresas como Navantia ou Indra.

O buque da Armada 'Juan Carlos I'.. MINISTERIO DE DEFENSA
O buque da Armada 'Juan Carlos I'.. MINISTERIO DE DEFENSA

A intención destes programas é investir en tecnoloxías híbridas e en I+D+i no ámbito militar. "A maioría traballadora e empobrecida no Estado español está a sufrir as consecuencias dunha nova crise sistémica do capital, agudizada pola pandemia da COVID-19", critica esta entidade que denuncia o aumento do 13.5 % no prezo da canasta da compra, un 23.9 % na gasolina e no gas, e un 49.4 % na electricidade segundo datos do INE.

"Neste contexto de miseria no pobo traballador, o goberno burgués decide armarse militar e tecnoloxicamente, por un lado, para someter os pobos do mundo para explotar os seus recursos e, por outro lado, para reprimir a maioría social do Estado español", incide. Neste sentido, denuncia que este rearme é promovido pola OTAN, "o brazo armado do imperialismo estadounidense", di.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta