Rueda minimiza non ter acudido a Bruxelas polo veto á pesca de fondo e pide unha "única voz" ante esta cuestión

Así se pronunciou o presidente da Xunta polas recriminacións desde o PSdeG porque non programase na súa axenda unha entrevista co comisario de Pesca, Virjinijus Sinkevicius, como si fixo para lste mesmo luns o xefe do Executivo andaluz, Juanma Moreno.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/10/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, minimizou o feito de que non acudise a Bruxelas ante o veto á pesca de fondo e apelou a unha "única voz" para lograr que haxa un cambio na política comunitaria.

Na súa visita á Real Academia Galega (RAG) e a preguntas dos xornalistas, insistiu en que o obxectivo de Galicia é facer "unha estratexia" entre todas as rexións afectadas.

Así se pronunciou polas recriminacións desde o PSdeG porque non programase na súa axenda unha entrevista co comisario de Pesca, Virjinijus Sinkevicius, como si fixo para lste mesmo luns o xefe do Executivo andaluz, Juanma Moreno.

"Cada un é moi libre de tomar as decisións que estime oportunas, pero o camiño que nos marcamos foi liderar unha reunión a iniciativa de Galicia coas comunidades autónomas", dixo sobre as afectadas pola medida.

No obxectivo dunha "soa voz" situou tamén ás de fóra de España para lograr que tanto por parte do Goberno central como doutros se traslade o rexeitamento á medida.

"O presidente de Andalucía tiña outros temas de que falar", manifestou tamén Rueda, quen non descartou, no entanto, a posibilidade de desprazarse a Bruxelas.

CRITICAS DO BNG

Noutra orde de cousas, e cuestionado polas declaracións da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nas que lle cualificou como un home de "palla", expuxo que a oposición "cando non ten argumento fronte a accións de goberno, entra nas descualificacións persoais".

"A xente ponnos aquí para traballar, non para que insultemos, non vou insultar a ninguén", replicou o presidente da Xunta tras a súa visita á Real Academia Galega.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Real Academia Galega (RAG). DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Real Academia Galega (RAG). DAVID CABEZÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta