A tradición non xustifica todo

Como si fora un mantra, parece que a tradición vale pra xustificar actitudes machistas e sexistas como as que aconteceron no coléxio madrileño onde se forman ós que están chamados a seren persoas con grandes cargos no Estado.

Por Manuel H. Iglesias | Ouense | 14/10/2022

Comparte esta noticia
As imaxes de mozos berrando e insultando ás mozas que tamén estudan no colexio elitista que están na outra beirarúa,  son un feito pra meditar e reflexionar sobor da educación en igualdade. Ben sei que hai quen xustifica o acontecido, como bromas des estudantes. Mais o asunto, se o miramos con frialdade, ten certa miga, pois non son só os insultos ás mozas, se non tamén os cantos e saudos os ditadores da historia recente europera.
 
Pero que é a tradición?  Pois tirando de definicións escollo a seguinte:  “a tradición é  unha costume ou  doutrina que se  mantén de xeneneración en xeneneración e que vive  na mente colectiva  das xentes que  forman unha comunidade humana.”
 
Polo que, moitos feitos, actividades ou teorías  que se repiten varios anos e son aceptados pola comunidade social, pódense mester baixo o paraugas da tradición. Mais a tradición  non é algo inmutable. Pois as sociedades e a forma de pensar mutan en función de filosofías, problemas, descubrimentos, inventos  e, en resume,  formas de ver a vida. E dende ise momento a tradición deixa de ser un elemneto fixo e pasa a ser unha costume  ou teoría  revisable que ten que evolucionar segundo os tempos.
 
Pois ben, referíndome ó caso do acontecido nese colexio  relixioso de élite, onde parece que os instintos máis primarios dos humanos  saen á luz en persoas ás que se lle supón unha formación, o acontecido, que foi portada nos medios de comunicación,  non se pode calificar como tradición, aída que leven anos repetindo esa sarta de insultos ás mulleres. Tampouco se pode entender como a gamberrada dun mozo dado que os demais sairon a coro apoiando os berros do primeiro.
 
E esto  sinala  que, no fondo,  hai unha visión da igualdade moi cativa e mnosprezante nalgúns sectores sociais. Polo que,  hai certas clases que forman un cículo pechado co resto da sociedade; clases  que camiñan en mundos moi  distindos ós da grande maioría. Sectores que non ven claro o da igualdade entre homes e mulleres; que non aceptan o reparto de tarfefas no fogar e que cousifican ás mulleres como se foran obxectos. E por moito   que, a contestación das rapazas  insultadas como putas e ninfonas se  xustifique como unha broma sen maís, a reflexión que como sociedade debemos facer  é moi necesaria. 
 
A tradición, non pode amparar estas cousas. Non pode ser o mantra que permita que se fagan e cometan estas aberracións. Dado que si a tradición non evolucionara e fora algo inmutable,  hoxe estaríamos mantendo o dereito de pernada ou tirando a cabra viva dende o campanario, e poderíamos seguir sinalando moitas cousas máis amparadas por ese termo.
 
E se non lembrade que,  non  hai moitos anos se “xurabas  en público ou  dicias  tacos e outros calificativos tiñas problemas, pois  non era ben visto pola maioiría da  sociedade.  O acontecido nesa casa, onde se supon saber,  educación, e valores humanos,   os insultos que se verteron non so deixan en moi mal lugar ós que o fixeron,  se non a esa institución de ensinanza.  En fin, que por moito que lle quiten ferro o acontecido, a carta de presentación desa institución ten unha chata  escura no seu haber.

Botellón
Botellón | Fonte: Arquivo.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com