Os beneficios fiscais ascenden ata 592 millóns, e o 91% son de carácter social, segundo a Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Os beneficios fiscais autonómicos ascenden ata 592 millóns de euros en 2023, o que supón un incremento do 13,4% respecto ao ano anterior, que se situaron en 522.

Así o adiantou este xoves en rolda de prensa o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, despois de entregar o proxecto de contas públicas para o ano que vén ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

Segundo destacou, son 144 millóns máis que en 2020, o que representa unha alza do 32,2%, e o 91% teñen, segundo remarcou, "carácter social".

O presidente da Xunta e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O presidente da Xunta e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos. DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta