Concentracións da CIG ante 16 entidades bancarias para reclamar incrementos salariais

Así mesmo, o sindicato indicou que as patronais "o que fixeron foi convocar o Observatorio Sectorial, unha mesa a parte da mesa do convenio na que só participan os sindicatos asinantes e na que levan reunindo desde abril".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A CIG convocou este xoves concentracións fronte a 16 oficinas de Abanca, Santander, Sabadell e BBVA para demandar unha negociación co obxectivo de que se incremente o salario do persoal, "que xa perdeu un 15 por cento de poder adquisitivo".

A representante da CIG-Banca do sector financeiro, Rosa Conde, sinalou que as concentracións deste xoves "dan continuidade ás que se iniciaron no mes de abril, cando o IPC comezou a incrementarse".

Así mesmo, indicou que as patronais "o que fixeron foi convocar o Observatorio Sectorial, unha mesa a parte da mesa do convenio na que só participan os sindicatos asinantes e na que levan reunindo desde abril". Ademais, sinalou que "a perda de poder adquisitivo para o persoal prodúcese nun escenario no que a banca está a multiplicar os seus beneficios".

O sindicato tamén esixiu a actualización das cantidades que se pagan por quilometraxe, que "continúan sendo de 19 céntimos por quilómetro". Conde sinalou que "se antes gastaban 200 euros ao mes por desprazamentos, agora gastan 400 euros" e que "isto se suma á perda de poder adquisitivo polo incremento dos prezos".

CONVOCATORIA DE FOLGA UNITARIA

A CIG-Banca propuxo a convocatoria dunha folga unitaria porque "o está pedindo o persoal" e "se se quere conseguir algo xusto, isto pasa pola mobilización dos traballadores e traballadoras".

Así, Rosa Conde fixo un chamamento ao resto das organizacións sindicais para convocar a folga de forma conxunta e que isto "pon a CC.OO. e UGT nun aperto porque en lugar de sumar están a tirar para atrás", algo que vinculou á súa presenza nas mesas do Observatorio.

Concentración da CIG-Banca. CIG-BANCA
Concentración da CIG-Banca. CIG-BANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta