Mechones Solidarios: “Hai xente na rúa que cando ve a alguén sen perruca pensa que vai a morrer”

Esta asociación busca que a poboación doe o seu pelo co obxectivo de facer perrucas con el para as persoas enfermas de cacro ou de alopecia universal

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O cancro é, sen dúbida, a gran pandemia do século XXI. Os novos casos seguiron un aumento progresivo durante os últimos anos. En 2021, concretamente, apareceron 285.530 casos novos segundo cifras da Asociación Española contra o Cáncer (AECC). Supuxeron un 2,36 más respecto ao ano anterior. O pasado 19 de outubro celebrouse o Día Mundial do Cancro de Mama, o tumor máis común entre as mulleres. De feito, nos últimos seis anos o crecemento de mulleres con esta enfermidade foi constante, supoñendo un aumento de máis de 2.500 casos entre o 2015 e o 2021, segundo datos da AECC. En Galicia diagnosticáronse ata 2.233 casos de cancro de mama no último ano, sendo unha das CCAA con maior taxa per cápita.

Unha coleta para facer unha perruca - La Opinión de Málaga
Unha coleta para facer unha perruca - La Opinión de Málaga

As estatísticas tampouco auguran datos positivos para o próximo ano pero, con todo, a taxa de recuperación é moito máis alta a fai uns anos. “Espérase que haxa máis de 38.000 casos de cancro de mama en España para o ano que vén. Antes había unha porcentaxe moi alta de persoas que non se recuperaba pero hoxe é ao revés. É unha loita que é real pero tamén é real que se curan”, explica Estela Guerisoli, fundadora e directora da asociación Mechones Solidarios.

Co cancro de mama é no que máis cae o pelo polo tipo de tratamento que se usa e esta fundación busca, de feito, axudar a recuperar a autoestima e que os enfermos se vexan como antes dos tratamentos de quimioterapia ao dar perrucas gratis ou a un prezo moito máis barato que no mercado. Ademais de para enfermos de cancro tamén confeccionan perrucas para enfermos de alopecia universal, que é unha enfermidade rara na que se perde o pelo de todo o corpo. “Estas persoas non volver a recuperar o pelo polo que necesitan perruca toda a vida”, explica Guerisoli.

Pero, que os enfermos leven perruca non é só unha cuestión estética pero, “ter a autoestima alta axuda ao tratamento e o feito de enfrontarte ao teu día a día e verte igual a antes de perder o pelo é moi importante”, indica. Así mesmo, a directora explica que isto lles axuda aos pacientes a poder levar unha vida o máis cómoda posible sen que a xente se dea conta de que están enfermos. “Hai xente na rúa que cando ve a alguén sen perruca pensa que vai a morrer e mírana con pena. E levar a perruca permite elixir a quen lle queres contar que estás enferma e non a todos”, sinala Guerisoli. Esta cuestión é moi importante na infancia porque “os nenos son crueis por natureza e rinse das nenas que van calvas ao colexio”, polo que as perrucas axúdanlle a afrontarse mellor á situación.

Pero para poder confeccionar as perrucas, esta asociación necesita da solidariedade das persoas, xa que son feitas con pelo natural. Polo tanto, toda aquela persoa que teña máis de 30 centímetros de lonxitude de pelo pode doalo á asociación, independentemente se este está tinguido, se ten mechas ou está a capas. O único requisito é que o pelo ten que estar seco e limpo e que non pode ter ningún tratamento de hena.

Así mesmo, a asociación conta con máis de 2.000 salóns de peiteado en España, 86 en Galicia, onde os doadores poden cortar ou deixar a súa coleta de pelo para enviarllas á fundación. As doazóns son gratis, pero dependendo do salón de peiteado poden cobrar polo corte de pelo ou non.

AFORRO DE POLO MENOS 600€

Os prezos das perrucas no mercado oscilan entre os 1.200€ e os 3.000€, cifras que poden ser moi elevadas para algunhas persoas e que fai que moitas delas non se poidan permitir comprar este produto. Por iso, o que busca está asociación é que poidan ser accesibles a todos. “No caso noso, outorgamos as perrucas de acordo aos ingresos que teña o grupo familiar. É dicir, se no grupo familiar hai escasos recursos as perrucas van a ser gratis e de aí, dependendo dos ingresos e dos integrantes, pode variar desde 0 a un máximo de 600€”, explica Guerisoli. Polo tanto, o aforro dunha familia á hora de comprar unha perruca sería moi elevando.

O diñeiro recibido axúdalles á asociación a poder subsistir, xa que non reciben ningún tipo de subvención e “o noso custe de produción está en máis de 400€ cada perruca”. Polo tanto, o que gañan das perrucas que son máis caras, do que Guerisoli indica que son a minoría, axúdalles a subvencionar as perrucas das persoas con menos recursos.

OS MÁIS DOADORES: ENTRE 30 E 40 ANOS

Aínda que pode doar calquera persoa e de calquera idade, Guerisoli explica que a franxa de idade que máis se anima a dar o seu pelo se encontra entre os 30 e os 40 anos. Polo outro lado, as persoas que máis piden perrucas están entre os 30 e os 50 anos, seguidos dos adolescentes. De feito, no caso dos homes, a directora explica que os adultos apenas piden perrucas porque “agora están de moda os homes calvos”, pero que non pasa o mesmo cos adolescentes. “Entre 12 e 16 anos é cando nos piden máis perrucas porque é a idade onde non se encontran a gusto”, di.

Nestes 9 anos que leva Mechones Solidarios en marcha conseguiron visibilizar e conseguir que “as doazóns cheguen en cantidades”. Pasaron de recibir ao principio sete sobres de doazóns á semana a que agora sexan caixas cheas. O mesmo pasou cas perrucas. O seu obxectivo cando comezaron con esta iniciativa era “facer unha perruca cada dous ou tres meses” e agora envían, de media, 20 perrucas ao mes. Con todo Guerisoli enfeitiza que “a xente está máis concienciada en que pode doar pelo que en pedir unha perruca”, sinalando que considera que “podemos axudar a moita máis xente aínda”.

A PANDEMIA, UN MOMENTO DIFÍCIL

Sacar adiante unha asociación deste tipo supón un gran sacrificio xa que a súa única fonte de ingresos son os de persoas que se fan socias, do que lles queda da venta de algunha perruca e dos eventos que fan ao longo de toda España, nos que  a xente vai a cortarse o pelo con perruqueiros profesionais nun sitio público na rúa por un donativo de 5€ para a asociación. A pandemia supuxo un gran golpe para eles, xa que non podían facer os eventos, dos cales sacan a gran parte dos ingresos.

“Custounos moito sacar isto adiante”, admite Guerisoli, que sinala que tivo que tirar de aforros para evitar que a asociación pechara definitivamente. Ademais, esta situación tamén se xuntou co feito de que no confinamento foi na época na que máis pedidos de perrucas tiveron porque “as tendas estaban pechadas”. Ante iso repartíronse o traballo nos domicilios particulares de cada un e traballaban conxuntamente cos transportes para que eles puideran levarlle as perrucas a todas as persoas que o solicitaban.

Grazas a iso, e a que “todos aportamos todos algo para poder sacar adiante a asociación”, a directora móstrase “orgullosa” de que a organización á que levaba dedicándolle tantos esforzos nos últimos anos puidera sobrevivir nun momento tan complicado.

“O MELLOR PAGO É CANDO RECIBEN A PERRUCA E NOS DIN ‘GRAZAS’”

A fundadora de Mechones Solidarios pídelle a todas aquelas persoas que cumpran os requisitos a doar o seu pelo. “Nun custa nada. Ante tirábalo e agora pódese facer algo marabilloso”, reivindica. Ademais tamén pon de manifesto a necesidade de darlle esa consciencia solidaria aos nenos da importancia de doar porque desta forma créase “educación para o futuro”. “Fan falta un montón que cousas e se temos consciencia desde pequenos que podemos aportar o noso gran de área para mellorar un pouco iso funciona e logo vaise transmitindo de país a fillos constantemente”, manifesta.

Pero a directora da asociación tamén se lembra de aquelas persoas que están pasando por un cancro ou algunha enfermidade para recordarlles que “non están soas” e que non teñan medo de pedir unha perruca. “O 90% non queren cambiar de imaxe. Pero facémolo perfecto, as perrucas quedan marabillosas, non molestan e non pican”, sinala, polo que todo cliente terá a mesma imaxe que antes do comezo do tratamento de quimioterapia. Ademais, Guerisoli tamén comenta emocionada que no seu traballo todo esforzo vale a pena porque “o mellor pago que temos é cando unha persoa recibe unha perruca e nos di ‘Grazas’”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta