Por Galicia Confidencial | Viveiro | 27/10/2022 | Actualizada ás 21:40
A familia Bertrand partiu da Bretaña este verán a bordo do Merzadenn. Dous adultos e tres nenos --a máis pequena de dous anos-- que non esquecerán a viaxe a Galicia. O pasado 18 de outubro, cando se dirixían ás Canarias, tiveron un susto cun grupo de candorcas que acabou co temón da embarcación partida en dous.
Despois de saír de Viveiro en dirección á Coruña, a tres millas de Cabo Ortegal unha manda de catro candorcas, dúas novas e dúas adultas, interactuou coa embarcación. "Viñeron practicamente directamente sobre o temón e racharono en dous", lembra o patrón.
Debido ás arremetidas das candorcas o veleiro tivo que ser auxiliado por unha embarcación de Salvamento Marítimo que o trasladou de novo á dársena de Viveiro para reparalo.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Tres incendios activos na provincia de Ourense: Chandrexa, Xinzo e Carballeda
- Gago Piñeiro, oceanógrafo: "Se os residuos radioactivos eran inocuos, por que non os botaron nas súas costas?"
- Músicos, ecoloxistas e deportista únense para salvar un areal en perigo tras ser declarada praia canina
- Aviso amarelo por choiva e treboadas en varios puntos de Galicia para este venres
- Alianza Verde esixe ao Goberno que actúe contra os residuos nucleares na Fosa Atlántica
- Unhas 100.000 t de residuos radioactivos sepultadas fronte as costas galegas: quen son os responsables?