Por Galicia Confidencial | Arzúa | 04/11/2022 | Actualizada ás 09:30
O pasado venres 28 de outubro o Concello de Arzúa daba a coñecer as bases do concurso de carteis para a festa do queixo 2023, onde deseñadores, ilustradores ou artistas gráficos poden presentar a súa proposta ata o 12 de decembro.
Para participar, as creadoras e creadores teñen que seguir as indicacións das BASES que están na web do evento, e así optar a ser o cartel anunciador da 48ª edición do evento e/ou levar un premio de 600, 300, 100 euros respectivamente para o primeiro, segundo e terceiro clasificado. O elixido por votación popular levará tamén un premio especial.
No que respecta ás votacións, a popular terá lugar na Capela da Madanela o venres 16 de decembro, e a elección final de todos os premiados o luns 19 de decembro.
DATAS DA FEIRA DO QUEIXO 2023
O Concello de Arzúa anunciou tamén oficialmente as datas da festa en 2023 que, gardando a tradición, celebrarase na primeira fin de semana de marzo. O evento abrirase o venres 3 de marzo de 2022 co concurso de tapas e petiscos con queixo DOP Arzúa-Ulloa nos locais de hostalaría arzuáns, e contará con dous días de feira, sábado 4 e domingo 5. Nesa fin de semana haberá numerosas actividades, animación e os concertos baixo carpa do Festival do Queixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.