GC Aberto

Xosé María Fernández falou do naufraxio do Santa Isabel na Ría de Arousa no CM Estila

Xosé Mª Fernández é un dos históricos dá Radio Galega onde leva desde a súa fundación en 1985. Actualmente dirixe o programa de novas tecnoloxías Banda Ancha e é o responsable do arquivo sonoro da Radio Galega. Así mesmo é o Director e fundador da revista Código Cero de novas tecnoloxías.

Por CMEstila | GC ABERTO | 24/10/2014

Comparte esta noticia

Na súa intervención Xosé Mª Fernández rememorou o acontecido co vapor correo Santa Isabel, que naufragou en augas da Ría de Arousa, a pouco máis de 100 metros da Illa de Sálvora o 2 de xaneiro de 1921.

Xosé Mª Fernández xa desde neno desenvolvera gran interese polas historias que se contaban na súa casa acerca deste naufraxio, aínda que tivo que esperar algúns anos para poder publicar en 1998, o libro titulado ?Sálvora: Memoria dun Naufraxio?, considerado o traballo de investigación máis serio e rigoroso sobre este naufraxio.

Na súa intervención destacou tamén o valor dos veciños de Sálvora que non repararon en esforzos para socorrer aos náufragos, a pesar disto, percorreu Galicia unha lenda negra que acusaba a estes veciños de quedarse coas pertenzas das vítimas, o que era radicalmente falso tal e como demostra Xosé Mª no seu libro.

Dentro desta traxedia emerxe a figura do 2º oficial do Santa Isabel, Luís Cebreiro, cuxo comportamento heroico permitiu salvar a vida a un bo número de persoas. Ao longo da súa vida este chegaría a converterse no mariño máis laureado da mariña mercante española xa que participou en diversos salvamentos como no dos tripulantes dun submarino alemán, ou a tripulación dun veleiro inglés, ou o de persoas caídas ao mar no porto de Santander.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta