Temas: PPDEG SEDICIóN

O PPdeG rexistra por urxencia unha iniciativa para pedir desde Galicia a retirada da reforma do delito de sedición

Critica a "submisión" do Goberno central ás "pretensións máis radicais dos seus socios parlamentarios".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/11/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos Couñago, deu a coñecer unha proposición non de lei, rexistrada por urxencia, na que o partido que sustenta a Xunta quere que todo o arco parlamentario galego apoie a petición de "retirada" da reforma do Código Penal no que se substitúe o delito de sedición polo de desordes públicas agravadas, con penas inferiores ao que actualmente está vixente.

Pazos Couñago en rolda de prensa
Pazos Couñago en rolda de prensa | Fonte: PPdeG.

O dirixente popular considera a proposición de lei impulsada polo PSOE é "unha mostra máis da submisión ás pretensións máis radicais dos seus socios parlamentarios, co único obxectivo de manterse no poder".

Para o PPdeG, ponse "claramente en cuestión a independencia do sistema xudicial", polo que "non é momento de facer críticas coa boca pequena", senón que hai que "ter altura de miras" e luces de "longa distancia". "Non é unha decisión digna", advertiu, á vez que considera que se "debilita claramente o sistema constitucional".

Pazos Couñago sinalou que o seu partido está "fortemente comprometido coa defensa da Constitución e a dignidade da nación", e por iso, impúlsase esta iniciativa, xa rexistrada, e que agora ten que ser cualificada polos servizos xurídicos antes de poder someterse a consideración do pleno, no que en todo caso sairá adiante pola maioría que ostenta o PPdeG.

Ademais, o PPdeG quere que o Goberno impulse no ano 2023 unha "programación" polo 45 aniversario da Constitución española, un texto "fundamental, de pluralismo político", fronte "ao maior ataque dos independentistas coa aprobación do Goberno".

De feito, Pazos Couñago reivindicou que Galicia "ten autonomía grazas á Constitución", da que, xunto co Estatuto, emana o autogoberno galego.

Temas: PPDEG SEDICIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta