Comezan os traballos para baleirar a nave calcinada de Pontesa

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/11/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Os traballos para extinguir por completo o incendio na nave de Pontesa e retirar o material almacenado no seu interior arrancaron xa, segundo informou a propia empresa e ratificou o Concello. A construción viuse afectada por un incendio o domingo 5 de novembro.

Apuntan que o plan de actuación de emerxencia foi desenvolvido e será executado por unha empresa homologada e autorizada no tratamento e xestión de residuos, contratada por Galigrain.

As actuacións foron definidas en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), que deu o seu visto e prace ás accións.

Os traballos inícianse tras a comunicación ás autoridades competentes, e en coordinación directa cos Bombeiros.

As actuacións comezarán pola fachada lateral e cuberta da nave para acceder ao interior das instalacións con seguridade e así retirar o gran almacenado e arrefrialo.

Engaden que o plan inclúe accións de protección ambiental para minimizar o impacto dos procesos de extinción e enfriamento do medioambiente.

O Concello de Pontevedra, pola súa banda, ratificou estes datos e sinalou que os Bombeiros da localidade colaboran coas tarefas desde as 15,00 horas.

Fume na antiga fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio
Fume na antiga fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio | Fonte: Beatriz Ciscar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta