Comesaña destaca que os médicos teñen gran número de camas para durmir nos hospitais

Asegura que só no de Vigo hai dormitorios para 110 médicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que "non supón ningún problema" que os médicos en servizo de garda do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo durman nas camas de pediatría, xa que "non xera dificultades asistenciais para os pacientes que ingresan".

Comesaña sinalou, en declaracións aos medios de comunicación antes de participar na inauguración do XXV Congreso Nacional de Psiquiatría en Santiago de Compostela, que no hospital vigués "hai dormitorios para 110 médicos".

Nesta liña, puntualizou que hai 64 médicos adxuntos de garda de presenza física e 46 médicos MIR nesta mesma circunstancia e que "teñen o seu dormitorio perfectamente habilitado desde sempre".

Así mesmo, explicou que a ocupación media de camas no servizo de pediatría é "do 58 por cento", o que indica que "practicamente só se ocupan a metade das camas". Ademais, xustificou que "non é ningún problema que na propia planta de pediatría estean a durmir os médicos".

Deste xeito, o titular de Sanidade destacou que o uso das camas de pediatría "ten a vantaxe de que está preto de xinecología ou anestesia". Así, insistiu en que "o Álvaro Cunqueiro ten unha gran capacidade de dormitorios".

Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta