Os atrasos nas urxencias do CHUS derivan da tentativa de "resolver os casos sen ingresos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou este venres, ante as queixas dos pacientes do Hospital Clínico de Santiago (CHUS), que os servizos de urxencias "sempre tentan resolver os casos sen ingresos" e que isto "ás veces xera certo atraso, pero os profesionais fano buscando o mellor para o paciente".

Comesaña puntualizou que "se volve a unha normalidade na que en certos momentos do ano, a demanda dos servizos de urxencias é maior", pero que, en todo caso, "están para iso".

Ademais, destacou que "en todo caso os persoais se dimensionan tendo en conta os picos de actividade" e que neses cálculos "increméntase o persoal ata un 20 por cento". Así, detallou que, con estas previsións, "ás veces vaise folgado" e que "en certos momentos, haberá ese exceso de pacientes en urxencias".

Nesta liña, o titular de Sanidade insistiu en que "se anticipa a chegada da onda da gripe, con respecto a outros anos" e que a previsión sitúa o pico entre 26 de novembro ao 5 de decembro. Tamén resaltou que se "leva tempo traballando nisto" e "xa se presentou o plan de continxencia".

Pola súa banda, a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Nuñez, explicou que este xoves "xa baixou o número de asistencias de urxencias" e puntualizou que urxencias "non é un servizo de programados".

Deste xeito, subliñou que "hai unhas horas e días da semana que hai máis pacientes que acoden" e que "isto ocorre en todos os servizos de urxencias".

Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | Fonte: Arquivo CHUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta