As dificultades de vivir como redeira en Galicia, un oficio en perigo de extinción

Unha dor de pulso nunha redeira consideraríase enfermidade profesional, pero unha de ombro non. Tan só son consideradas como tal a enfermidade do túnel carpiano e a lumbalxia cando afecta ás últimas vértebras, nen sequera as varices, como sí lle recoñecen aos mariñeiros.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 22/11/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

As redeiras están en perigo de extinción. Un oficio indispensable para que os mariñeiros poidan seguir realizando o seu traballo, e sen o cal moitos quedarían desamparados, non ten relevo xeneracional. Os desincentivos son moito máis grandes que os alicientes e, tal e como denuncian dende as asociacións do sector, dende o Estado non se está a facer gran cousa por mudar esta situación.

Mulleres redeiras confeccionando
Mulleres redeiras confeccionando | Fonte: Asociación de mulleres redeiras O Peirao

Dúas son agora mesmo as súas principales batallas: a loita porque se lles recoñezan certas enfermedades profesionais vinculadas coa súa actividade; e que a aplicación dos coeficientes redutores se leve á práctica o máis pronto posible e non se quede só nun mero anuncio institucional.

Pola parte das enfermidades profesionais, Verónica Veres, presidenta de asociación de mulleres redeiras O Peirao, apunta que "esa é unha batalla ca que levamos lidiando moitos anos". Agora mesmo, segundo indica, "só temos recoñecido como enfermidade profesional aquela que afecta ao túnel carpiano cando está pinzado o nervio do pulso e máis a lumbalxia sempre que afecte ás últimas vértebras". 

Noutras palabras, se en lugar de ter unha dór no pulso por estar cas agullas atando nudos de redes lles da no ombro (posibilidade nada descartable), iso non sería considerado enfermidade profesional. Como tampouco o sería que tivesen unha dor no cuello aínda que afectase á zona da columna, por exemplo, por estar tanto tempo agachadas desenvolvendo o seu traballo.

Ademais, incluso esas dúas doenzas que sí se recoñecen, como di Verónica Veres, "recoñécense no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), máis non no Instituto Social da Marina (ISM), porque ambos organismos non cruzan datos, por tanto, cando ti vas ao ISM ou lle explicas ao médico que a túa lumbalxia é unha enfermidade profesional, atópaste con que non o saben, e hai algúns que o miran, pero outros non, porque non teñen obrigación, así que che diagnostican unha enfermidade común".

O problema disto é que ao non ser baixa laboral, senón baixa por enfermidade común, ata o terceiro día non se comeza a percibir retribución, e despois é o 75 %, por iso a maior parte destas mulleres, aínda con dores, deciden seguir 'faenando', nunca mellor dito. "Por iso cando ves os históricos de saúde ningunha ten enfermidades profesionais, porque cando teñen tendinitis de coller as agullas, llo poñen como un accidente laboral, e non queda recollido realmente no historial clínico", enfatiza a presidenta do Peirao.

Así, o balance dos últimos nove anos amosa que só houbo 31 persoas con unha baixa por enfermidade profesional no sector. Habendo 5.000 enfermidades, imposible que en nove anos só 31 profesionais, das cales nove eran mulleres, rematasen por coller baixa por enfermidade. "Xa o dato fala por sí só de que as cousas non están ben deseñadas", afirma esta redeira.

A cousa chega a tal punto que se dan grandes contradiccións dentro de diferentes colectivos do sector do mar. Por exemplo, o que ocorre no caso das varices. "Non se contemplan como enfermidade, cando os propios médicos din que se debería, porque de feito un mariñeiro que ten varices, ao pasar o recoñecemento médico, non llo dan se non se opera, dinlle que non é apto para o traballo", explica Verónica Veres.

E é que os mariñeiros sí teñen máis enfermidades recoñecidas, porque se ven obrigados a pasar un recoñecemento médico cada certo tempo. Recoñecemento que no caso das redeiras non é obrigatorio, senón voluntario. A ese nivel se chega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta