Morre aplastado por pedras un operario tras un desprendemento nunha canteira da Fonsagrada

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 21/11/2022 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

Un operario morreu este luns ao quedar atrapado tras producirse un desprendemento de terra nunha canteira da Fonsagrada.

Segundo informa o 112 Galicia, o traballador quedouse debaixo dunha masa de pedras que, ao desprenderse, caeron sobre o lugar onde se atopaba.

Ocorreu no lugar de Vilarín de Arriba sobre as 12.30 horas, cando un particular chamou á central de emerxencias para alertar deste accidente laboral.

Foron os bombeiros de Sarria os encargados de liberar por completo ao operario, aínda que os servizos sanitarios desprazados ao lugar tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Tamén se desprazaron ata o lugar dos feitos os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.

Canteira
Canteira | Fonte: Focus Piedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta