UXT alerta da falta de pediatras na provincia de Lugo: na Mariña hai oito para catorce concellos

Demandou á Xunta de dote de maís facultativos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O secretario da Federación de Servizos da UXT, Eliseo Rivas, demandou á Consellería de Sanidade que dote de máis pediatras aos centros de saúde da provincia de Lugo. En declaracións aos medios este martes, Rivas recoñeceu que este problema é "extensivo" a "toda" a provincia e a comunidade.

"Non é un problema só de pediatras, o problema é que faltan médicos de familia. Todo iso obedece a un problema estrutural de falta de persoal e que os profesionais, cando terminan a especialización, non quedan en Galicia", engadiu.

En resumo, o responsable sindical incidiu en que "os médicos buscan outras comunidades autónomas, outras opcións con maior estabilidade laboral e mellores condicións en todos os aspectos".

Eliseo Rivas reiterou a necesidade de contratar máis médicos, e apelou a que "isto non só denunciámolo as organizacións sindicais senón os colexios profesionais". Ademais de persoal facultativo, tamén advertiu que é necesario contar con máis traballadores de enfermaría, o que evidencia que Galicia debe saír do "vagón de cola" en investimentos de atención primaria.

Sobre os facultativos que son precisos, Rivas aseverou que "non hai un estudo, pero hai uns cocientes, hai uns mínimos de tempo de atención aos usuarios". "O Sergas ten que dotar dos medios necesarios, e dos facultativos necesarios. Non pode ser que un médico vexa 70 ou 80 persoas na consulta. Non pode ser que existan tamén listas de espera en Atención Primaria", lamentou finalmente.

En canto ao servizo de pediatría, a UXT quéixase, sobre todo, da carencia de médicos na comarca da Mariña. Segundo os seus cálculos, só estarían a traballar oito pediatras a xornada completa para 14 concellos e unha poboación de 70.000 persoas.

Consulta ao pediatra. SOCIEDADE VALENCIANA DE PEDIATRÍA - Arquivo
Consulta ao pediatra. SOCIEDADE VALENCIANA DE PEDIATRÍA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta