Chega a Santiago o podcast ‘Lobos doentes’ cun acto no que se poderá degustar unha cata de viños

A participación na cata terá prazas limitadas e un custe por persoa de doce euros

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2022 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O podcast Lobos doentes presentouse na Coruña o pasado 1 de outubro cun roteiro, literario, musical e gastronómico. Presentarase tamén en Santiago o próximo martes, 29 de novembro, a partir das 19.30 na tenda de produtos galegos Vide Vide, un acto que se complementará cunha cata de viños da adega Algueira guiada polo seu propietario, Fernando González. A participación na cata terá prazas limitadas e un custe por persoa de doce euros. Ábrese o prazo de inscrición mañá mércores ás 12 do mediodía no correo electrónico sonradiofusion@gmail.com

Roteiro do Podcast Lobos Doentes pola Coruña - Xan Xe
Roteiro do Podcast Lobos Doentes pola Coruña - Xan Xe

Unha das escenas do capítulo segundo do podcast Lobos doentes desenvolvese na taberna O Secreto na rúa Alameda da Coruña. Nese mesmo episodio, o policía Pereiro cea co alcalde da cidade e co presidente Zapatero. A trama desenvolvese o 3 de marzo de 2004, poucos dias antes das eleccións xerais. “Lobos doentes” é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 9,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta