Tres centros galegos formarán parte da nova rede estatal de excelencia de FP: en Pontevedra, Lugo e A Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2022 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O tres centros de Formación Profesional (FP) propostos pola Xunta para entrar a formar parte da nova rede estatal de excelencia de Formación Profesional intégranse na iniciativa.

Segundo indicou o Goberno galego nun comunicado, os centros integrados de FP son o Carlos Oroza de Pontevedra, As Mercedes de Lugo e Ánxel Casal da Coruña, dos que valorou o seu traballo e capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación e investigación aplicada, así como do emprendemento activo no ámbito local e autonómico.

Desta forma, a incorporación a esa rede suporá a realización de distintos plans e proxectos de actuación para avanzar na trasformación tecnolóxica dixital e metodolóxica.

Así, o Executivo galego lembrou que o 100 % das propostas que presentaron serán incorporadas, á vez que agradeceu ese recoñecemento xa que "poderá contribuír a seguir consolidando a FP galega".

Polo que respecta aos centros, o CIFP Carlos Oroza propuxo impulsar a formación do sector da hostalaría, centrándose na tecnoloxía, dixitalización e transición ecolóxica. A intención é realizar proxectos de alimentación saudable integrando o tecnolóxico e o dixital para así responder aos novos perfís profesionais e propiciar innovadores modelos de negocio dentro do ámbito do emprendemento na hostalaría.

O CIFP As Mercedes de Lugo fai unha aposta pola innovación educativa no sector da aeronáutica coa intención de crear un valor engadido para a economía do territorio, incluíndo iniciativas como drons impulsados por hidróxeno ou a fabricación de aeronaves non tripuladas con paneis solares, entre outras.

Finalmente, o plan do CIFP Ánxel Casal inclúe a innovación ligada á realidade virtual en radioterapia ou imaxe para o diagnóstico ou coidados auxiliares; a impresión 3D no campo da audioloxía protésica, a investigación en cultivos celulares e a reprodución asistida.

Estudantes de Formación Profesional
Estudantes de Formación Profesional | Fonte: YOUNG BUSINESS TALENTS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta