A UE prorroga dez anos as normas de acceso de buques a augas de terceiros países, o que non cambia nada para a frota galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A frota pesqueira galega afronta sen cambios a decisión da Unión Europea de prorrogar dez anos as normas de acceso de buques a augas nacionais.

Así o sinala, en declaracións a Europa Press, o portavoz da federación nacional das confrarías, Basilio Otero, á súa vez patrón maior de Burela (Lugo).

"Isto favorece á frota de pequena escala, pois impide que os grandes buques do norte de Europa poidan faenar na zona de exclusión de cada país membro", explica.

Neste caso, non ten impacto na frota galega, que "segue como ata agora". De feito, apunta que esta decisión era "o que se esperaba".

Tería afectación se, pola contra, permitíseno, constata. "Pero como seguimos igual, non cambia nada", conclúe.

LUZ VERDE O MARTES

O pleno do Parlamento Europeo deu este martes luz verde á prórroga de dez anos, ata xaneiro de 2032, das normas que permiten aos países da Unión Europea restrinxir o acceso ás súas augas territoriais doutras frotas comunitarias ata 12 millas náuticas desde a costa, o que na práctica supón que só poderán acceder buques pesqueiros que xa faenaban na zona.

Deste xeito, prevese diminuír a presión pesqueira en zonas concretas e preservar a actividade económica local e a pequena escala en áreas costeiras. No caso das rexións ultraperiféricas o acceso restrinxido pode estenderse ata 100 millas náuticas desde a costa e só para buques rexistrados nos seus portos.

Buque pesqueiro
Buque pesqueiro | Fonte: Cepesca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta