Este é o trailer de "O corpo aberto", un filme de "terror folk" baseado nun libro de Méndez Ferrín

A longametraxe está dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Tamar Novas, María Vázquez e Victória Guerra.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/11/2022 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

"O corpo aberto", a nova longametraxe de "terror folk" da directora Ángeles Huertas e protagonizada por Tamar Novas, María Vázquez e Victória Guerra, xa ten data de estrea. Será o vindeiro 9 de decembro.

A película participou recentemente na 60 edición do FICX - Festival Internacional de Cine de Xixón, onde recibiu o premio á Mejor Película Asturiana. A cinta participara previamente na Semana Internacional de Cine de Valladolid - Seminci, no Ourense Film Festival (OUFF) e en MotelX, Festival Internacional de Cine de Terror de Lisboa, entre otros.

O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín. Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da "raia seca", na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos.

Os límites, as "raias" ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.

Imaxe de Tamar Novas no filme 'O corpo aberto'
Imaxe de Tamar Novas no filme 'O corpo aberto'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta