O PP insiste en desacreditar os informes sobre o colapso na A-6 porque non aclaran "cales foron as causas"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O deputado do PP por Lugo Jaime de Olano insistiu en que os informes encargados polo Goberno sobre o colapso no viaduto do Castro da autovía A-6 non aclaran "cales foron as causas" do derrube.

Este venres, o responsable popular volveu a pedir explicacións, xa que cre que non dá por boas as explicacións dadas polo secretario xeral de Infraestruturas, Javier Flores. "Despois de meses dun suposto expediente de investigación, non sabemos nada de porque colapsou ese viaduto. Cremos que é un tema capital, coñecer cales foron as causas e cales os remedios que pensa pór o Ministerio de Transportes para evitar ese, case, illamento que padecemos en Galicia a través da A-6 á súa entrada pola provincia de Lugo", subliñou.

De Olano lembrou que o grupo parlamentario popular "presentou emendas aos orzamentos xerais cunha cantidade suficiente de diñeiro para repor esa ponte nun breve prazo de tempo". "E sorprendentemente o goberno e o PSOE votaron que non, incluídos os dous deputados do PSOE por Lugo", engadiu.

Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro
Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta