O prezo da vivenda en Galicia segue subindo a pesar da crise

Aumenta un 0,3% en novembro, segundo Idealista.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/12/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en Galicia rexistrou unha subida dun 0,3% o pasado mes de novembro, segundo o último índice de prezos inmobiliarios do portal Idealista, destacándose de entre as cidades galegas Pontevedra, cunha subida do 2,4%.

A nivel estatal, o prezo da vivenda usada en España rexistrou unha subida do 1% durante o mes de novembro, situándose en 1.929 euros por metro cadrado, segundo o último índice de prezos inmobiliarios de idealista. Este dato de novembro é un 5,4% máis alto que o do mesmo mes do ano pasado mentres que se sitúa un 6% por baixo do prezo máximo histórico da vivenda en España, rexistrado en xuño de 2007.

Ata 11 rexións españolas mostran prezos superiores ao mes pasado. Baleares (3,2%) lidera as subidas seguida de Navarra, Estremadura e A Rioxa (0,7% no tres casos). A continuación aparecen as subidas da Comunidade de Madrid (0,6%), Canarias (0,5%), Cataluña e Comunitat Valenciana (0,4% en ambos os casos), Galicia (0,3%), Castela e León (0,2%) e Euskadi (0,1%).

Vivendas
Vivendas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta