Entra a "masiva" cifra de 7.000 facturas correspondentes ao mes de novembro no Concello de Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que o consistorio rexistra "unha entrada masiva" de facturas do mes de novembro "brutal", ante o que estimou que entrarán 7.000 facturas no Concello.

Así o expuxo a preguntas dos medios, este venres en rolda de prensa, sobre a cifra de débeda de Raxoi que se sitúa, segundo o último informe do Ministerio de Facenda con datos actualizados a data do pasado mes de setembro, en 10,72 millóns de euros. Ademais, o período medio de pago é de 70 días.

O alcalde atribuíu esta cantidade a facturas "en tramitación" e apuntou que esa contía, "para facerse unha idea", equivale a unha factura dun mes. Ao mesmo tempo, destacou, que o período medio de pago reduciuse, o que recolle o "esforzo que se fai".

Con todo, Bugallo incidiu en que se "está traballando a lume de biqueira" para "tentar que se fagan efectivas todas as posibles" antes do 31 de decembro.

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta