Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 14:45
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, subliñou este luns que o crecemento experimentado polo emprendemento das mulleres galegas no último ano débese ás políticas da Xunta a prol das novas iniciativas, que en 2023 terán máis de 18 millóns de euros de orzamento.
Así o reivindicou en Santiago durante o Encontro de Emprendedoras do programa 'Emega', posto en marcha pola Administración galega para apoiar proxectos empresariais impulsados por mulleres. O próximo ano, contará cun montante de 4 millóns de euros que se materializarán nunhas 300 subvencións.
Tal e como destacou a conselleira, nos últimos 13 anos esta liña experimentou un crecemento do seu orzamento do 203 por cento. En total, foron máis de 18,4 millóns de euros que permitiron apoiar 1.480 iniciativas de emprendemento feminino, crear 2.084 empregos novos para mulleres e consolidar outros 648 indefinidos.
María Jesús Lorenzana botou man dos últimos datos do informe 'GEM', que sinalan que as mulleres consolidan o seu liderado na fase central do proceso emprendedor, cunha taxa da 5,3 fronte ao 4,4 dos homes. Ademais, as iniciativas consolidadas de 2021 aumentaron con respecto a 2020: unha 9,3% fronte ao 8%, respectivamente.
De igual modo, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade incidiu en que, para 2023, a Xunta ten orzados máis de 18 millóns para políticas de emprendemento. Máis en detalle, seguirá impulsando a rede de polos de emprendemento, que sumará outro sete centros para tratar de cubrir todo o territorio galego.
Tamén se prevé fondos para apoiar iniciativas empresariais que xurdan ao amparo desta rede e de convenios con entidades colaboradoras e universidades. Todas estas actuacións, tal e como explicou na súa intervención, englóbanse na estratexia 'Xempre contigo'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.