O Parlamento despide 2022 coa aprobación dos orzamentos e un pleno coa sanidade de novo no foco

A Cámara autonómica vivirá a próxima semana unha dobre sesión coa que despedirá a actividade plenaria de 2022 e que dará luz verde de forma definitiva aos orzamentos da Xunta para o próximo ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

A Cámara autonómica vivirá a próxima semana unha dobre sesión coa que despedirá a actividade plenaria de 2022 e que dará luz verde de forma definitiva aos orzamentos da Xunta para o próximo ano.

O pleno extraordinario no que a maioría absoluta do Partido Popular aprobará as contas do Goberno galego unha vez concluída a súa tramitación parlamentaria dará paso á última sesión ordinaria, onde os grupos da oposición volverán pór a situación da sanidade no foco do debate.

A orde do día da dobre sesión plenaria coa que concluirá o período de sesións no Pazo do Hórreo foi configurado este martes na xunta de portavoces, onde o BNG reclamou sen éxito que comparecesen o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu número dous, Francisco Conde, para responder, respectivamente, sobre a situación da sanidade pública en Galicia e acerca da denuncia ante Fiscalía presentada por Adega sobre supostas irregularidades cometidas na tramitación de dous parques eólicos da empresa Greenalia.

Ambas as solicitudes foron denegadas polo Grupo Popular, cuxo portavoz, Pedro Puy, defendeu que se trata de dous asuntos que serán tratados durante o pleno aínda que non a través de comparecencias, un formato que, segundo o do PP, dificulta a configuración da sesión debido á súa duración.

No último careo do ano entre o presidente e os portavoces da oposición, a nacionalista Ana Pontón volveu a elixir a sanidade como asunto da súa pregunta na sesión de control, mentres que o socialista Luís Álvarez cuestionará a Rueda sobre a política industrial da Xunta.

O Parlamento galego nunha sesión plenaria
O Parlamento galego nunha sesión plenaria | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta