A Mesa lanza Pipocas, un catálogo cos filmes e series que están dobrados ao galego

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2022 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título.

Web Pipocas, onde están os filmes que se poden ver en galego
Web Pipocas, onde están os filmes que se poden ver en galego | Fonte: A Mesa

No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

"Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua", explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, "especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas". "Dende hoxe", conclúe Vieito, "as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta