A Ría de Arousa xa está libre de contaminación, segundo as últimas inspeccións

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/12/2022 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

As inspeccións realizadas na mañá deste venres por medios aéreos e acuáticos de Salvamento Marítimo na Ría de Arousa resultaron negativas en contaminación.

Así o informou a Dirección Xeral da Mariña Mercante nun comunicado no que indicou que Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa continúa dirixindo a emerxencia.

Desta forma, o avión de Salvamento 'AS102' sobrevoou a Ría para a detección de contaminación mariña entre as 9.30 horas e as 10.30 horas. Ademais realizou unha segunda inspección entre as 12.00 e as 13.00. "Ambas as inspeccións con resultado negativo en contaminación", apuntou.

Nesta liña, sinalou que desde o mar traballaron durante toda a mañá a embarcación de Salvamento Salvamar Sargadelos e a auxiliar do Sebastián de Ocampo dos Gardacostas de Galicia, "con idéntico resultado: negativo en contaminación".

Así mesmo, se a situación non cambia ao longo da tarde deste venres e tendo en conta que as manchas detectadas na mañá do xoves eran de "escasa entidade", a Capitanía Marítima en coordinación co CCS-LCC Finisterre, decidirá se se desactiva o estado actual de emerxencia do Plan Marítimo Nacional este sábado.

Ata entón, o Buque de Salvamento de loita contra a contaminación 'María Pita' e o material desprazado a zona desde a base estratéxica de Salvamento Marítimo en Fene-A Coruña manteranse na zona.

Vista xeral dunha das praias onde se atoparon restos de chapapote mesturados con algas, a 13 de decembro de 2022, en Illa de Arousa
Vista xeral dunha das praias onde se atoparon restos de chapapote mesturados con algas, a 13 de decembro de 2022, en Illa de Arousa | Fonte: Gustavo Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta