Galicia rexistra un incremento de todos os parámetros da Covid

Hai máis hospitalizados, casos activos, novos positivos e un falecido

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

As cifras de coronavirus seguen, unha xornada máis, en alza en Galicia, que experimenta un incremento en casos activos, hospitalizados e novos positivos, así como en vítimas mortais, xa que suma o falecemento dun home de 86 anos da área de Lugo.

En concreto, segundo os últimos datos proporcionados pola Consellería de Sanidade, que recollen ata as 18,00 horas deste martes, hai en Galicia 2.173 casos activos de coronavirus, 104 máis que 24 horas antes; e detectáronse 229 positivos nunha xornada, mentres que o día anterior foran 158.

Por áreas sanitarias, todas experimentaron un crecemento en casos activos. A que reúne máis é a da Coruña, con 493, seguida de Vigo con 472. En área sanitaria de Ourense ten 332 enfermos, a de Santiago 301 e a de Lugo 247. Por baixo dos 200 casos están Pontevedra (181) e Ferrol (147).

En canto aos pacientes hospitalizados, hai 262, 21 máis que o día anterior. Por áreas sanitarias, mantén as súas cifras Ferrol (11) e baixan os hospitalizados en Vigo (50). No resto, detectáronse incrementos, especialmente na Coruña, que suma 20, ata os 94. En Lugo hai 23 enfermos en hospital, en Ourense 29, en Pontevedra 19 e en Santiago 36. En total, notificouse o falecemento de 3.999 persoas.

Proba PCR e antíxeno da Covid
Proba PCR e antíxeno da Covid | Fonte: JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta