Baixan os gases de efecto invernadoiro, pero soben as emisións de metano e amoníaco en Galicia

Hai descenso nun 98% nas emisións de óxidos de xofre e un 59% das de monóxido de carbono.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O Observatorio Galego da Acción Climática (Ogacli) presentou este luns o informe 'As emisións de contaminantes atmosféricos en Galicia (1990-2020)', estudo que se basea nos datos máis recentes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Segundo informou o Ogacli nun comunicado, o informe constata que as emisións de contaminantes atmosféricos baixaron en maior medida que as de gases de efecto invernadoiro.

Pola súa banda, as de gases acidificantes reducíronse en 2020 nun 81% e as de gases precursores de ozono troposférico nun 42%, en comparación con 1990. Ademais, as de partículas finas baixaron un 46% en relación ao ano 2000 e, no que incumbe ás de gases de efecto invernadoiro minguaron un 36% con respecto a 1990, lonxe aínda do obxectivo do 65% que se debería alcanzar en 2030 para cumprir co Acordo de París.

Se se teñen en conta individualmente os contaminantes, destaca o descenso nun 98% que se produciu nas emisións de óxidos de xofre e un 59% das de monóxido de carbono. Con todo, creceron as emisións de metano e de amoníaco, nun 8% e un 5%, respectivamente.

Para Ogacli, as causas principais da redución global das emisións á atmosfera en Galicia durante as últimas décadas foron a substitución do carbón na xeración de electricidade e as melloras tecnolóxicas inducidas por cambios regulatorios no ámbito do control da contaminación, concretamente de vehículos e centrais de carbón.

Mapa da Organización Mundial da Saúde sobre a contaminación do aire en Galicia / Adega Estación de trens de Monforte / www.jrcasan.com
Mapa da Organización Mundial da Saúde sobre a contaminación do aire en Galicia / Adega Estación de trens de Monforte / www.jrcasan.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta