Unha investigación da USC sinala que as aves mariñas poden reunir ata 100 toneladas de materiais tóxicos ao ano

Os resultados deste estudo aproximaron que as aves que máis contribúen a esta acumulación de tóxicos son o arao común, certas especies de corvo mariño, o pingüín ou o alcatraz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Un equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou un estudo que estima que as colonias de aves mariñas poden reunir anualmente ata 100 toneladas de materiais tóxicos a través dos seus excrementos.

Concretamente, poderían depositar preto de 40 toneladas de cadmio, máis de 35 de mercurio e 27 toneladas de chumbo. Unha cantidade que, segundo o equipo de traballo, representa unha magnitude "relevante" pola súa capacidade de influencia nos ciclos geoquímicos do planeta.

O coordinador da Rede de Estacións Biolóxicas da USC e investigador do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (Cretus), Xosé Lois Otero Pérez, destacou a relevancia dos resultados obtidos, posto que estes procesos "aumentan drasticamente" as concentracións de nutrientes e elementos tóxicos en chans, auga, plantas e atmosfera.

Ademais, os resultados deste estudo aproximaron que as aves que máis contribúen a esta acumulación de tóxicos son o arao común, certas especies de corvo mariño, o pingüín ou o alcatraz.

Así, debido á alta concentración de aves mariñas e de maior tamaño, como é o caso dos pingüíns, a Antártida e os arquipélagos próximos conteñen o 80% da cantidade total dos metais tóxicos depositados no mundo.

O EQUIPO DE TRABALLO

O proxecto, liderado por investigadores do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, que pertence á Rede de Estación Biolóxicas da USC-Rebusc, foi publicado este venres na revista Scientific Reports, do grupo Nature.

Ao longo do estudo, o equipo tivo en conta tanto traballos previos como a información de organizacións internacionais como BirdLife International, segundo a cal estiman que a poboación total de aves mariñas no mundo está ao redor do mil millóns.

Integrantes do equipo de Investigación da USC nun dos puntos de recollida de mostras para o seu estudo sobre os materiais tóxicos nas colonias de aves mariñas. ESTHER SIERRA ABRAÍN
Integrantes do equipo de Investigación da USC nun dos puntos de recollida de mostras para o seu estudo sobre os materiais tóxicos nas colonias de aves mariñas. ESTHER SIERRA ABRAÍN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta