As vendas de coches pechan 2022 cunha caída do 10 % en Galicia, case o dobre que a media estatal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Galicia contabilizou un total de 22.624 matriculacións ao longo de todo o ano pasado, o que supón un 10 % menos que en 2021, segundo datos publicados este luns polas asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam), recollidos por Europa Press.

Esta cifra supón un descenso superior ao rexistrado de media en toda España, xa que as vendas de automóbiles baixaron un 5,36 % a nivel estatal, con 813.396 unidades.

Só en decembro, en Galicia comercializáronse 2.303 coches, un 11,66 % menos. Esta baixada foi menor que o 14,1 % que contabilizou o total do Estado, con 73.927 turismos vendidos no último mes do ano.

Por tipo de mecánica, as matriculacións de coches a gasolina baixaron un 19,2 % en Galicia o ano pasado, con 8.463 vehículos. Pola súa banda, os modelos diésel rexistraron unha caída do 30,35 %, ata 3.857 unidades.

Con todo, o resto de motores, incluíndo modelos eléctricos, híbridos de todo tipo ou de hidróxeno, contabilizaron unha subida do 12,8 %, ata 10.304 coches.

Compradores de vehículos nun concesionario
Compradores de vehículos nun concesionario | Fonte: Toyota

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta