O PP local de Pontevedra sinala que falta iluminación pública en varios puntos da cidade

"Recibimos continuamente queixas, desde diferentes puntos do municipio, advertíndonos de que as luces nas súas zonas están apagadas", o presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou falta de iluminación pública en varios barrios e parroquias da cidade e reclamou ao Concello información relacionada con este tema.

Segundo destacou o PP nunha nota de prensa, os populares, a través de denuncias veciñais, teñen constancia de que a situación non só se dá no centro da cidade, senón tamén nos barrios e algunhas parroquias.

"Recibimos continuamente queixas, desde diferentes puntos do municipio, advertíndonos de que as luces nas súas zonas están apagadas. Nestes momentos, nos que as horas de luz se reducen e cae axiña a noite, non podemos entender nin coñecemos o motivo polo cal o señor Lores apaga selectivamente as luces", explicou Rafa Domínguez.

Nesta mesma liña, Domínguez demandou ao alcalde que lles traslade se o fai "por aforrar diñeiro ou por falta de mantemento". Así mesmo, asegurou que o Concello "podería recortar gastosde outras moitas partidas" que considera "innecesarias".

"O que non pode ser é que Pontevedra estea ás escuras. Parece ser que ultimamente ao señor Lores as luces non lles gustan moito", censurou o presidente dos populares pontevedreses.

Arquivo - O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP PONTEVEDRA - Arquivo
Arquivo - O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez.. PP PONTEVEDRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta