Axudas para industrias vinculadas con recursos naturais, moi pronto

A Vicepresidencia Primeira da Xunta lanzará nas próximas semanas cinco liñas de axudas, con 2,4 millóns de euros consignados en total, destinadas ao desenvolvemento da sustentabilidade de actividades industriais vinculadas a recursos naturais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia Primeira da Xunta lanzará nas próximas semanas cinco liñas de axudas, con 2,4 millóns de euros consignados en total, destinadas ao desenvolvemento da sustentabilidade de actividades industriais vinculadas a recursos naturais.

As axudas, que se outorgarán por orde de solicitude, estarán destinadas a empresas privadas do sector mineiro, incluído a da auga mineral natural e a das rocas ornamentais, entre outras, así como as que se dediquen á explotación de balnearios e que realicen a súa actividade ou conten con algún centro de traballo en Galicia.

Unha das liñas apoiará investimentos para mellorar a calidade do aire e reducir o ruído na zona onde se desenvolve a actividade mineira. Ademais, haberá outras dúas para incidir nas condicións laborais dos traballadores: unha dedicada ao sector mineiro en xeral e outra para o da roca ornamental.

Unha terceira liña de axudas será para a compra de equipamento de eficiencia enerxética, que este ano, como novidade, abrirase a todo o sector. Tamén haberá apoios da Xunta para elaborar auditorías enerxéticas nas instalacións.

Por último, o Goberno galego disporá de subvencións para a implantación e certificación das normativas 'UNE 22480: 2019' e 'UNE 22470: 2019', que acreditan os sistemas sustentables das empresas mineiras. O obxectivo da Xunta é conseguir que Galicia sexa a comunidade cun maior número de compañías do sector con esta acreditación.

Mina de Varilongo
Mina de Varilongo | Fonte: INCIS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta