O PPdeG reclama ao Goberno central un Perte para a industria téxtil e axilidade nos fondos europeos para Altri

O PPdeG rexistrou esta semana unha proposición non de lei para realizar estas solicitudes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2023 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O PPdeG rexistrou esta semana unha proposición non de lei (PNL) para reclamar un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) concreto para a industria téxtil, tras o "novo agravio" que supuxo a súa "denegación" por parte do Goberno central.

A maiores, os populares galegos piden ao Executivo de Pedro Sánchez maior axilidade na chegada de fondos europeos para o proxecto de fibras téxtiles planificado pola portuguesa Altri para Palas de Rei, tendo en conta que a Xunta xa a declarou "proxecto industrial prioritario".

En concreto, a PNL do PPdeG demanda do Goberno unha alternativa que sexa capaz de "garantir investimentos estratéxicos" tanto para o téxtil como para o conxunto da economía galega.

E é que, tal e como explica a deputada Marta Nóvoa, presidenta da Comisión de Industria do PPdeG, trátase dun sector que representa o 37 por cento do PIB galego, ao facturar case 30.000 millóns de euros e dar emprego a 36.000 persoas, un 76 por cento delas mulleres.

Neste contexto, tacha de "lamentable" que o Goberno central "volva abandonar a unha industria tan importante como é a industria téxtil en España e concretamente en Galicia".

Ademais, critica que, mentres o proxecto de Altri en Palas "obtivo por parte da Xunta a súa declaración como iniciativa prioritaria, por parte do Goberno de Pedro Sánchez ten que conformarse coa presentación a 17 convocatorias de distintos Perte", ao non contar cun específico.

A deputada do PPdeG Marta Nóvoa
A deputada do PPdeG Marta Nóvoa | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta