Estafan a unha empresa de Ourense facéndose pasar por un provedor que requería o pago dunha factura por e-mail

Cinco persoas de distintas nacionalidades foron detidas por este suceso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/01/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Cinco persoas de distintas nacionalidades foron detidas por estafar a unha empresa de Ourense á que enganaron facéndose pasar por un provedor a través dun correo electrónico para que lles transferise diñeiro a unha conta bancaria.

A investigación estivo dirixida polo 'Equipo @' da Garda Civil de Ourense, que iniciaron as pescudas despois de que unha empresa presentase unha denunciaba na que aseguraba ser vítima dunha estafa.

Os arrestados enviaron un correo eléctrico a esta empresa no que se facían pasar por un provedor habitual. Nel, incluían un arquivo adxunto cunha factura na que figuraba un número de conta no que realizar o pago.

Os responsables da empresa abonaron a contía requirida pero, días despois, o provedor púxose en contacto para informar que non recibira o diñeiro.

A investigación determinou que este grupo modificou o documento adxunto coa factura para cambiar o número de conta corrente de ingreso e así darlle "aparencia de legalidade".

Os detidos son dous españois veciños de Roquetas de Mar (Almería) e Sevilla, un cidadán inglés, un colombiano e un alxerino, aos que se imputa un delito de estafa e falsidade documental. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Ourense.

Investigación de delito . GARDA CIVIL - Arquivo
Investigación de delito . GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta