Sonia Teijeiro será a candidata á Alcaldía en Lugo de Vox, á quen so lle quedan Ferrol e Santiago sen confirmar

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 13/01/2023 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Vox informou este venres de que o seu Comité Executivo Nacional designou a Sonia Teijeiro como candidata da formación á Alcaldía da cidade nos comicios municipais do próximo mes de maio.

Formada en enxeñaría técnica Forestal e superior de Montes, ten unha ampla experiencia no seu sector. Ademais, xa foi candidata á Alcaldía da urbe en anteriores ocasións e, nas eleccións autonómicas de 2020 encabezou a lista lucense ao Parlamento galego.

Vox destaca o seu papel "moi activo" dentro da formación que dirixe Santiago Abascal e que "non parou de percorrer a súa cidade para coñecer os problemas dos veciños".

Agora, engade a formación asume con "responsabilidade e ilusión" este novo encargo de Vox para "dar voz aos veciños da cidade".

FERROL E SANTIAGO SEN CONFIRMAR

Tras a confirmación da aspirante lucense, para pechar as sete urbes galegas, a Vox só lle quedan por designar os candidatos de Ferrol e Santiago.

Xa ratificados oficialmente están a catedrática Eva María Castro Caridade, quen pugnará en maio do ano que vén pola Alcaldía da Coruña; e José Manuel Torres, funcionario do Concello de Pontevedra e xa cabeza de lista do partido de Santiago Abascal en 2019, e que repite este ano nos comicios locais.

Ademais, o Comité Executivo Nacional de Vox designou a José Fermín Troncoso como candidato á Alcaldía de Ourense e a Álvaro Díaz-Mella en Vigo.

Sonia Teijeiro, candidata de Vox en Lugo para as municipais de 2023
Sonia Teijeiro, candidata de Vox en Lugo para as municipais de 2023 | Fonte: VOX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta