Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 16/01/2023 | Actualizada ás 21:25
A canción que compuxo Shakira xunto ao produtor arxentino Bizarrap está a dar a volta ao mundo. Á xente encántalle o morbo, e un 'hit' deste estilo adicado a Piqué e á súa nova moza, Clara Chía, non podía pasar desapercibido. Con máis de 80 millóns de visualizacións en tan só dous días e no número 1 das tendencias de YouTube, a estas alturas xa ninguén debe quedar sen saber algunha que outra frase do tema.
E é que para aqueles que non quixeron escoitar a canción, tampouco houbo escapatoria, pois as redes sociais enchéronse das mensaxes que traslada o tema da colombiana usados por marcas, 'influencers' e todo tipo de usuarios a modo de 'memes', de indirectas ou de orixinais formas de conseguir comentarios e 'me gustas'.
As empresas galegas non quedaron alleas a este fenómeno. Non se falaba doutra cousa no día de onte! Aquí che mostramos unha selección das mensaxes que lanzaron as compañías do noso país servíndose de frases 'made in Shakira'. Había que aproveitar o tirón!
Cambiaste una Estrella Galicia por una… (Fill the blank 😎 ) #BZRMusic #Shakira
— Estrella Galicia (@estrellagalicia) January 12, 2023
- ESTRELLA GALICIA: "Eu só fago cerveza, perdón que che sal-pique", adaptando a estrofa na que Shakira di "eu só fago música, perdón que che sal-pique". A graza está en que o nome de Piqué quede ben separado e resaltado, así que a marca de bebida alcólica galega aposta por poñer 'pique' unha liña máis abaixo do resto da frase. Ademais desta publicación, feita na rede social Instagram, tamén aproveitou o tirón en Twitter, neste caso coa parte de 'cambiaches un Rólex por un Casio' e chamando ao público a completar a frase de 'cambiaches unha Estrella Galicia por...'.
- CENTRO COMERCIAL CATRO CAMIÑOS: "Hoxe permitímosvos deixar de visitar as rebaixas das nosas tendas para adicarlle a tarde a esto (vídeo de Shakira)", publicaba este centro comercial da Coruña, entendendo que na vida hai prioridades, e onte o tempo libre era para aprenderse de memoria a canción da colombiana.
¿A quién mandamos unas pizzas?
— Restaurantes LaMafia (@LaMafia_rest) January 13, 2023
❤️- A Shakira y a Bizarrap porque no podemos dejar de tararear su canción.
🔁 - A Piqué, por los malos días que está teniendo. pic.twitter.com/1qK2JvAwQg
- LA MAFIA SE SIENTA A LA MESA RESTAURANTES: Cun emblemático local na cidade de A Coruña, esta cadea de restaurantes lanza unha mensaxe a Shakira: "Tranquila Shakira, ningún dos nosos pratos contén Chía". Chía é o apelido da nova moza de Piqué, á que tamén fai referencia na canción dicindo que "ten cara de persoa boa, clara-mente, non é como soa". E por que non aproveitar tamén para interactuar cos clientes? Deixan na descripción da publicación de Instagram unha pregunta con varias opcións de resposta: 'A quen mandamos unhas pizzas da Mafia? A Shakira e a Bizarrap porque non podemos deixar de tararear a súa canción / A Piqué, polo mal día que está a ter'.
- CHURRASQUERÍA TIAGOS: Unha das churrasquerías de nova creación en Santiago, aproveita un vídeo das súas brasas ardendo para expoñer: "Que Shakira non sexa a única que se quente hoxe".
- MOTEL VENUS: A cadea de moteis de luxo galega usa tamén a referencia a Piqué como parte dun xogo de palabras: "Con globito para que non sal-pique". Esta frase non fai falla explicala, cada quen que a interprete á súa maneira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.