O prezo do aluguer desbócase en Santiago: sobe máis que a inflación durante 2022

Pola contra, en Vigo subiu por debaixo: tan só un 1 %.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O prezo das vivendas de aluguer subiu máis que a inflación durante 2022 en Santiago (+ 9,5 %), segundo os datos do portal web Idealista.

En concreto, apunta, entre os municipios que rexistran subidas por encima da inflación de decembro, pero por baixo dos dous díxitos, está Torrejón de Ardoz (9,7 %), en Madrid; Santiago de Compostela (9,5 %), na Coruña; Torrent (9,4 %), en Valencia; Sant Cugat do Vallès, en Barcelona (9,3 %) e Getafe (9 %), en Madrid.

Do outro lado, sinala outras 12 localidades que tiveron subidas das rendas por baixo da taxa de inflación, como Vigo (1 %), en Pontevedra; Pozuelo de Alarcón (2,2 %), en Madrid e Mataró (2,9 %), en Barcelona.

Por outra banda, o informe anual de prezos de aluguer elaborado por pisos.com indica que o prezo dos alugueres situouse en decembro en 10,49 euros por metro cadrado, un 5,11 % máis caro que no mesmo mes do ano anterior.

En comparación cos datos de novembro, o aluguer incrementouse un 1,06 %, mentres que no trimestre, os prezos subiron un 2,84 %. O portal inmobiliario tamén precisa que no semestre produciuse unha revalorización do 2,64 %.

Aluguer de vivenda
Aluguer de vivenda | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta