Un mozo en Pontevedra accede á banca en liña dunha coñecida e consegue retirar 6.000 euros en efectivo

A Policía Nacional de Pontevedra detivoo como presunto autor dun delito de furto e outro de estafa continuada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/01/2023 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A Policía Nacional de Pontevedra detivo a un mozo como presunto autor dun delito de furto e outro de estafa continuada, tras levar a cabo de forma fraudulenta múltiples cargos e retiradas de efectivo non autorizadas, por un importe que podería ascender aos 6.000 euros, a través da banca en liña.

Segundo sinalou a Comisaría Provincial de Pontevedra nun comunicado, a denunciante afirmaba que, desde o pasado mes de outubro, sufrira gastos excesivos na súa conta bancaria, sen que ela realizase tales cargos ou retiradas en efectivo de diñeiro.

Así, os axentes do grupo de delitos tecnolóxicos, xunto cos axentes do grupo 2 da Brigada de Policía Xudicial, localizaron ao presunto autor dos feitos. Este foi detido o día 11 de xaneiro e resultou ser alguén próximo á vítima, que tiña acceso ao seu teléfono móbil, abusando da súa confianza.

Deste xeito, o mozo accedera tamén ao cartón que a vítima posuía dun centro comercial co que compraría varios aparellos electrónicos que, posteriormente, vendeu en establecementos de compravenda. Ademais, chegou a contratar un produto financeiro por valor de 1.000 euros.

Caixeiro automático
Caixeiro automático | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta