Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2023 | Actualizada ás 19:39
Os profesionais do servizo de bombeiros liberaron a un condutor de autobús escolar que resultou atrapado no interior do vehículo despois de chocar contra un camión cando circulaba polo municipio coruñés de Ordes. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 15,00 horas deste xoves na estrada AC-409 ao seu paso pola parroquia de Leira.
Alí, un autobús escolar e un camión que transportaba madeira impactaron. O condutor do autocar resultou ferido e tivo que ser auxiliado polos bombeiros, que empregaron equipos de excarceración para liberar ao chofer, evacuado posteriormente a un hospital nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061.
Doutra banda, dúas persoas tamén resultaron feridas noutro accidente de circulación que se produciu na AP-9 á altura do concello pontevedrés de Moaña. O vehículo no que viaxaban os feridos chocou contra a mediana no punto kilómetrico 147 da autoestrada. As dúas vítimas foron trasladadas polo 061 a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.