Rueda acusa a SOS Sanidade Pública de "intencionalidade política" e de ir da man de BNG e PSdeG

Di que a Xunta non anunciará "nada novo" na xuntanza que mantén o conselleiro de Sanidade cos alcaldes da área de Pontevedra. "Imos explicar o que facemos e tamén a escoitar", asegurou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/01/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

"Se me pregunta se hai certa dose de politización nas convocatorias, si". Así de contundente respondeu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao ser preguntado pola convocatoria dunha gran manifestación por parte de SOS Sanidade Pública para o 12 de febreiro para denunciar o estado actual da sanidade pública galega. Unha convocatoria que respaldan diferentes colectivos e partidos políticos, entre eles BNG e PSdeG.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello | Fonte: Xoán Crespo

"Non é normal que a voceira do BNG diga no Parlamento galego o día no que vai ter lugar unha manifestación e logo un días despois a plataforma que, supostamente convoca, corrobore todo o dito", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta "Se queren unha mínima obxectividade as cousas non se poden facer así. Se fora o PP, sairían moitos a criticalo", engadiu. Por iso, dixo compartir a opinión manifestada polo seu conselleiro de Sanidade que tamén apuntou "motivacións políticas nesta convocatoria".

Neste sentido, criticou as peticións que desde esta plataforma se fan a concellos gobernados polo BNG ou PSdeG para que "poñan todos os medios posibles". "Se hai certa dose de politización nas convocatorias, si", insistiu ao tempo que dixo "respectar" as suxestións "que veñen de boa fe para que as cousas funcionen ben". "Pero nalgunhas actitudes da oposición e palabras de voceiros da plataforma vexo intencionalidade política", agregou.

XUNTANZA DE ALCALDES DE PONTEVEDRA CO CONSELLEIRO

Por outra banda, criticou ao Concello de Pontevedra e, especialmente, ao seu alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, por non acudir este xoves á xuntanza entre o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e alcaldes da área de Pontevedra para abordar as carencias na atención sanitaria desta comarca.

"Agradezo que estean o resto de rexedores e o que se pretende é explicar o que se está facendo e o que se vai facer. Non hai ningún anuncio novo", indicou. Ademais, destacou que "non haberá ningún anuncio novo" en relación aos que xa se coñecen para mellora a atención sanitaria da comara. "O que queremos é contradicir con argumentos certas declaracións políticas que se fan e respostar as dúbidas que haxa", dixo. 

"Por suposto tamén estamos para escoitar. Por iso agardo que non saian con intencionalidade política dicindo que non se fai nada. Tal e como nós imos a explicar con total transparencia, agardo que os que vaian teñan ese espírito", apuntou.

FORMACIÓN

Rueda tamén anunciou que o Consello da Xunta aprobou na súa reunión semanal un paquete de 3000.000 euros para a formación dos 34.000 empregados do Sergas en Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Os millóns en formación servirán para ensinarlles a descolgar o teléfono, a cita previa en Atención Primaria é contraria a Dereito ! A cabeza da manifestación debera levar este lema: Eliminación inmediata da cita previa obrigatoria Seguro que o 70% dos médicos estarían en contra... Algo raro está a pasar na Atención Primaria dende o inicio da Pandemia !

1 mlon

Eu levo dende xullo esperando cita para fisioterapia. ¿Tamen estou politizado'