Desaceleración da economía galega a finais do 2022 en comparación co Estado

O Foro Económico di que "se desacompasa o ritmo de crecemento de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A economía galega creceu un 1,6% no mes de novembro, tres décimas menos que en setembro no que supuxo a segunda caída desde o mes de maio e que confirma que se desacompasa do ritmo de crecemento de Galicia en comparación co conxunto estatal.  Trátase da principal conclusión que extrae o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia, dado a coñecer este mércores.

A pesar de que o dato confirmado de novembro e as cifras avanzadas para decembro permiten "refugar unha recesión" no último trimestre de 2022, a economía de Galicia confirma no penúltimo mes do ano a súa tendencia a desacelarar o seu ritmo de crecemento se se compara coa do Estado.

Segundo Foro, as razóns detrás desta retardación débese á "fatiga" do sector industrial, a "modulación" do turismo que actuara como "panca" da actividade económica e o "desfavorable" contexto internacional "que afecta á confianza dos consumidores".

Pola súa banda, o transporte marítimo de mercadorías presenta en novembro un incremento interanual de máis do 10%, cifra que supera o 15% de aumento no sector servizos. No outro lado sitúase o índice de produción instrual, que encadea seis meses en tendencia negativa cun retroceso do 20% en comparación coas cifras de 2021.

Industria da madeira
Industria da madeira | Fonte: empresa - Joaquin Corchero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta